9/12/09

CANDO SEXA MAIOR



Xa chegan por estas datas,
un Nadal coma outros mil,
pero chega moi tristeiro,
porque neste mundo ruín,
hai nenos que pasan fame
e calamidades mil.

Se algún día eu son grande,
e mando neste país,
obrigarei por decreto,
aos que poden decidir
que acaben as tristuras
dunhos nenos coma min.


Daniel Pedrosa Loureiro 2 ESO B

19/6/09

Pasado

Só me fixo falta túa voz
para retroceder ao pasado
porque naquel momento
recordei o esquecido.

Un amor de adolescentes
nada máis encontrarnos
sufrimos outra vez
o que pasou no pasado.

Volvín ao presente
miña man no teu brazo
non sei como dicilo
soamente o pasado.

Álvaro Martínez Fernández 1º E.S.O. B

Futbol


Vai para máis de cen anos,
que nun país se inventou,
un deporte ao que todos
témoslle gran afección.
Xogamos once rapaces,
facémolo cun balón,
e consiste en meter gol
para ser o campión.
Eu xogo dende pequeno,
pois téñome que preparar,
por iso cada semana,
vou ao campo a entrenar.


Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO B

O meu ferrari


Dende que son moi pequeno,
gústame xogar cos coches,
teño moitos no meu cuarto,
míroos cando estou deitado.
De todos, o preferido
é un Ferrari vermello,
que me trouxeron meus pais,
cando aínda era un neno.
Penso cando sexa grande,
ter un de verdade,
e pasear polo pobo,
sendo a envexa dos rapaces.


Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO B

24/3/09

QUÉROA

De cabelos verdes e marróns,
de ollos azuis e brancos,
de olor a flores
e velliña de anos.

Fálovos de Galicia,
a miña terra,
é preciosa, eu quéroa.

David Portillo Barcia 1º E.S.O. B

Poemas

Pareado
Paseando onte pola beirarrúa,
vin pasar de lonxe unha irmá túa.

Terceto
Tiña a rapaza, chamada Lucía,
unha ovella vella e unha galiña
que as mantiña de noite e de día.

Redondilla
Tres nenos están xogando
na porta da súa casa,
mentres o pequeno salta,
os dous máis grandes falando.

Serventesio
Escoitando a choiva bater na ventá,
recordei que un día cando ía xantar,
moi preto da vila que hai máis alá,
vin unha barquiña que ía navegar.

Cuarteta
Era un rapaz que soñaba,
cunha viaxe realizar,
deuse conta que choraba,
e deixou de soñar.

Cuarteto
Vino nun programa de teledeporte,
quedeime admirado de como xogaba,
a pelota moi ben sempre remataba,
gústame o seu xogo, tamén o seu porte.



Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO

16/3/09

MY SUPER-SCHOOL

At my super-school there are four classes every day: music, art, P.E. and geography. Classes start at half past ten and they finish at half past twelve. We don’t go to school on Saturday or Sunday.
Today we’ve got music and geography in the morning and art and P.E. in the afternoon. Music is my favourite subject because Demi Lobato is the teacher.
I like the school because the teachers are funny

Laura Luaces 1º ESO B

5/3/09

XA NON A PODO OLVIDAR


Aquela tarde de outono,
eu saín a pasear,
e atopeime cunha nena
á que non podo olvidar.

Tiña uns ollos azuis,
e tan doce era o mirar,
que cando penso nela
case non podo falar.

Din que se chama Sabela,
iso me dixo un rapaz,
e que ademais de fermosa
tamén sabe namorar


Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO B