19/6/09

Pasado

Só me fixo falta túa voz
para retroceder ao pasado
porque naquel momento
recordei o esquecido.

Un amor de adolescentes
nada máis encontrarnos
sufrimos outra vez
o que pasou no pasado.

Volvín ao presente
miña man no teu brazo
non sei como dicilo
soamente o pasado.

Álvaro Martínez Fernández 1º E.S.O. B

Futbol


Vai para máis de cen anos,
que nun país se inventou,
un deporte ao que todos
témoslle gran afección.
Xogamos once rapaces,
facémolo cun balón,
e consiste en meter gol
para ser o campión.
Eu xogo dende pequeno,
pois téñome que preparar,
por iso cada semana,
vou ao campo a entrenar.


Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO B

O meu ferrari


Dende que son moi pequeno,
gústame xogar cos coches,
teño moitos no meu cuarto,
míroos cando estou deitado.
De todos, o preferido
é un Ferrari vermello,
que me trouxeron meus pais,
cando aínda era un neno.
Penso cando sexa grande,
ter un de verdade,
e pasear polo pobo,
sendo a envexa dos rapaces.


Daniel Pedrosa Loureiro 1º ESO B