13/5/10

Os Amores Hei - 2009-10




Mensaxes e declaracións premidas no concurso.


1º PREMIO (Elizabeth Lourenço Fernández. 2º ESO)

Cando te poñas triste,
chámame e irei.

Cando te enfades,
chámame, aí estarei.

Mais lembra, cando ames
mira no teu corazón:
aí esperarei.



2º PREMIO (Irene Fernández Fernández. 4º ESO)

A túa pel suave, o teu recendo incontrolable, pero eses ollos de mármore que me levan á soidade.



3º PREMIO (Álvaro Martínez Fernández. 2º ESO)

Caeu unha estrela do ceo,
quedando este todo gris.
Quedou diante miña;
así a coñecín

Longos os seus cabelos,
así un cor castaño.
Ollos ben abertos,
cor azul claro.

A súa voz era aguda,
finos os seus "labios",
ao rozar cos meus comprobeino,
era un milagro!

Na cabeleira refrectía a lúa,
a súa terra natal.
Collendome a man dixo
ven conmigo para alá.

Pregunteille o seu alcume,
mirou para arriba.
As estrelas facían un nome,
GALIZA!!!