9/12/09

CANDO SEXA MAIOR



Xa chegan por estas datas,
un Nadal coma outros mil,
pero chega moi tristeiro,
porque neste mundo ruín,
hai nenos que pasan fame
e calamidades mil.

Se algún día eu son grande,
e mando neste país,
obrigarei por decreto,
aos que poden decidir
que acaben as tristuras
dunhos nenos coma min.


Daniel Pedrosa Loureiro 2 ESO B