12/2/08

Eles e nós

O poema que quero escribir a continuación está dedicado ás persoas do terceiro mundo, porque sofren moito e precisan a nosa axuda.
Eles darían o pouco que teñen
por unha vida mellor.
Nós non damos nada,
para que a súa vida non sexa peor.
Eles pasan moita fame,
mentres nós comemos ata rebentar.
Eles son honrados e pobres,
pero nós, non nos chegamos a decatar.
Naquelas pequenas e silenciosas vilas,
meniños e maiores teñen que traballar.
Nas nosas grandes e ruidosas cidades
temos a sorte de poder estudar.
Eses nenos non teñen fogar
nin lar onde durmir.
Nós temos grandes casas,
nas que os poderiamos recibir.
Fagámolo cun sorriso nos beizos!

Mar azul, 1ºB

No hay comentarios: