19/5/08

A meiga dos mares


A MEIGA DOS MARES


Era media noite e o mar estaba tranquilo cando Óscar e Sara marcharon pescar coma tódalas noites.

Todo ía ben ata que os alertaron por radio de que se acercaba unha forte tempestade. Eles intentaron chegar á beira antes de que os collera, pero non o conseguiron. As fortes e altas ondas chocaban contra o pequeno barquiño,e Sara e Óscar, traballaban a máis non poder para que o barco non afundise, pero sabían que era inútil, xa que como non os viñesen rescatar cedo ían morrer alí. Cando xa non podían máis, xa que Sara estaba esgotada e Óscar era ao único que lle quedaban unhas poucas de forzas para sacar aquel pequeno barquiño adiante; Sara, que era moi católica, púxose a rezar. A el parecíalle unha parvada pero, coma un milagre, as nubes empezaron a arredarse e o sol comezou a saír. Óscar non podía crer o que vía, os seus ollos non daban creto a aquel feito que o deixou marabillado.

Cando chegaron ao porto os mariñeiros da zona tampouco crían o que Óscar lles contara, e dende entón a Sara chámanlle A MEIGA DOS MARES xa que grazas a ela se salvara a vida de dúas persoas.

Rebeca Fernández García 1ºESO A

No hay comentarios: