27/11/08

UNHA VIAXE NO NADAL


Unha noite moi escura,
e con forte temporal,
vén para España nun barco,
un rapaz de Senegal.

Embarcara coa esperanza
de que aquí ía atopar
todo aquilo que soñara
ía poder acadar.

Mais viñeron os problemas,
o barco vai naufragar,
a terra non se divisa,
acórdase da súa nai.

Cando de súpeto un barco,
un barco que vai pescar,
recólleo alí aquela noite,
cando chegaba o Nadal.


Daniel Pedrosa Loureiro 1º E.S.O

No hay comentarios: