14/11/07

Os profes Eso non nos interesa para nada. Son moi malos. Son moi 'majos'. ... calificativos a tuttiplén. (corte de censura)
Poñen os exames, fastidian as vacacións, disfrutan facéndonos sufrir. Eso non! Dixo o defensor do profesor.(corte de argumento)Hai porfesores moi raros (e tamén profesores). Que máis lles da aprobarnos se lles pagan igual? E se nos aproban, todos saímos contentos. A cabeza suxeita por unha man, apoiada no puipitre-mesa, mirando para outra beira, meneándose negando, así están as dos alumnos ó falar dos profes.
Unha acusación: algúns profes tócanlle-lo cú ós alumnos. Os alumnos, ás alumnas. Os profesores lanzan puntas pola clase. Crucifican ós alumnos (eso non o dixeron, pero podería ser) E cáganse na tía María. Pero, quen non ten unha tía María? Un bostezo de Cristina interrompe as meditacións filosóficas na aula. Ademáis, contaxia a Lorena. A partir de aí xa non se fala dos profes...
A constatación de que hai sol (na realidade era sono, pero Sol, tamén o hai) atravesa o ambiente.
A Lúa e Sevilla, Sevilla e a Lúa (ou o Sol). Que 'tá máis cerca? O Sol, of course. Era un chiste, que finalizou noutro sobre a nai. Mentres, balbuceos entre imáns daba un aló, no fondo dereita da aula.
Cazada Silvia nun dito furtivo, calou, pero non para sempre, pois repricou ó momento unha increpación dun compañeiro. Camarada, non te pases.
E non pasamos, quedamos.
Feito por 3ARB(*), coa colaboración técnica de Antonio
(*) Jairo, Silvia, Cristóbal, Lorena, Cristianóscar, Tamara, Mº del Mar, Cristina, Merche, Mónica, Sara, Alberto, Iago, Solloso, + ti, que para ler esto, ...

No hay comentarios: