14/11/07

Pecha as luces, apaga a porta (Cristian Óscar)
A cita corresponde a algo que pasou na clase de hoxe. Cando Antonio dixo: María, pechas as luces, e Cristian retrucou. Como o Rei: 'que te calles, hombre!'. E Cristóbal dixo: 'flipa la peña contigo!' ... eu non dixen ningunha frase desas, engadiu outro.
Entón, non querendo dicir, dixo ese outro que Antonio espertara das tenebras.
Deixade xa o díxome díxome! Escoitouse. Claro, como as rapazas non participan, están caladas, sae o que sae.
Estamos pensando, falou a portavoz, de nome Lorena. Pero non estaban pensado nada, dixo a voz acusadora. E comezou unha discusión. Voaron cadeiras, zapatos e estuches, e duros golpes que fixeron que alguén chorara. Non. Non hai imaxinación. Fin.
E así rematou algo sen sentido, a falta de sentidiño para continualo e facer algo mellor. ¿Ou non?
Feito por: Santi, Alberto, Cristian-Óscar, Cristóbal, Iago, Jairo, Mar (María), Lorena, Sara, Antonio, ... e a imaxinación colectiva de 3 ARB

No hay comentarios: